¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

CLUB DEPORTIVO 

Un espazo de inclusión e superación a través do deporte

No Club Deportivo San Xerome queremos fomentar a práctica de actividades físico-deportivas entre as persoas con diversidade funcional que participan na Asociación San Xerome e outras persoas da contorna.

O noso club é un espazo de inclusión, onde todas as persoas poden gozar do deporte e dos seus beneficios para a saúde física, mental e social.

 

Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

A nosa motivación é que as nosas persoas deportistas teñan a oportunidade de desenvolver e potenciar as súas capacidades, de expresarse libremente, de relacionarse con outras persoas, de divertirse e de aprender.

Atletismo

Baloncesto 

Fútbol

Natación

Remo

Boccia

Unha ferramenta para fomentar o crecemento persoal

O deporte, na nosa visión, non é só unha forma de actividade física, senón unha ferramenta para fomentar o crecemento persoal e a inclusión de valores. E é con este enfoque que promovemos unha variedade de deportes, adaptados ás preferencias e necesidades de cada persoa.

+INFO
Queres saber máis?

Se queres coñecer máis sobre nós ou formar parte do noso club, podes contactarnos por teléfono ou correo electrónico. Estaremos encantados de atenderche.

 

   Contacto