¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

 

DOA A FOGARES SANXE

Unha solución residencial innovadora para persoas con diversidade intelectual na Comarca do Baixo Miño e as súas familias

Necesitamos a túa axuda para transformar o Antigo Colexio das Carmelitas da Guarda nun fogar inclusivo para 60 persoas, onde poidan vivir de forma autónoma e independente.

"Como será a súa vida cando eu non estea?"

Esta é unha pregunta que moitas familias con persoas con diversidade intelectual fanse. En San Xerome, comprometémosnos a proporcionar unha resposta e unha solución a esta pregunta a través do noso proxecto Fogares Sanxe.

Apoia este soño e convérteo en realidade

Fai a túa doazón mediante transferencia bancaria a Asociación San Xerome Emiliani:

  • IBAN: ES13-2100-4046-1422-0022-8292
  • BIC/SWIFT CODE: CAIXESBBXXX
  • Concepto: FoGaReS SaNXe
  • O teu nome e teu DNI

A túa doazón ten beneficios fiscais. Se desexas máis información, déixanos os teus datos e poñerémonos en contacto contigo.

 

Tamén podes facer a túa doazón empregando Paypal oi Bizum.

  • Bizum empregando o código: 06424
  • Paypal