Memoria 2010
Dec23

Nadal solidario

Nadal solidario

 

Un ano máis comezamos o mes de Nadal plantando cara a un reto que está a piques de cumplir os 30 anos de existencia, co lema: “Aunar o esforzo de tod@s en torno a un proxecto solidario no noso contorno”.

Proxecto que ten como fin o apoio a 120 persoas con discapacidade intelectual (P.D.I.) do Baixo Miño e as súas familias.

 

Avanzamos cara a integración Escolar, Social, Laboral e Familiar de estas persoas a través de:

  • 7 Unidades de Educación especial (26 alumnos), concertadas coa Consellería de Educación.
  • 1 Centro de dia (CEDI), con 36 usuarios.
  • 1 Centro prelaboral con 35 usuarios.
  • Prácticas en empresas ordinarias da zona en sectores diversos.
  • Ampliación e consolidación da empresa de xardinería que da traballo a 16 persoas con discapacidade intelectual (P.D.I.).
  • Traballo na empresa ordinaria (3 persoas): Eroski e Alessa.
  • Servizo de Ocio, Club deportivo, Vida autónoma (Piso tutelado).
  • Completamos así un servizo que intenta dar resposta as necesidades da Comarca do Baixo Miño no terreo da discapacidade intelectual.

    Este proxecto foi medrando e adaptandose as novas necesidades durante estes 30 anos, grazas o apoio e colaboración de moit@s cidadáns, empresas e institucións de esta comarca que dende os inicios aportaron o seu grao de area na construcción de esta realidade, a que lle quedan importantes obxectivos por acadar.

    Asociación San Xerome Emiliani,

    UN PROXECTO DE TOD@S
    Grazas e Bó Nadal

Posted in Artículos

Comentarios (65)

Deixa un comentario

Estás comentando coma invitado.

Cancelar Enviando comentario...