Resumo dunha fin de semana intensa
Nestes últimos 3 dias estivemos presentes en moi diferentes ámbitos (culturais, deportivos, de ocio …)
O venres 16, acompañamos a nosa boa amiga Fedra Alcaraz na inauguración da sua fermosa exposición no Centro Cultural. A continuación o grupo de Ocio estivo de marcha ata altas horas nos diferentes locais da “marcha guardesa”. Por certo, graciñas ó As de copas, Singular, Monk … polo seu trato exemplar.
O sábado 17, tivo lugar no Centro a segunda xornada de formación do voluntariado no que participaron de xeito entusiasta 20 voluntarios, coordinados por Patricia e Lorena.
O mesmo sábado 18 e ata o domingo 19, un grupo participou activamente na Feira ecolóxica Terr@activa (Reducir, Reciclar, Reutilizar), en Arzúa.
O domingo 18 pola mañán, 6 atletas do Club polideportivo, participaron con moi bos resultados na 50 edición da Carreira do Pavo en Vigo. Todos eles melloraron a sua marca persoal.
Menos festiva foi a nosa presencia a fin de semana no Hospital do Meixoeiro, visitando o noso compañeiro Juan Carlos Santos Rocha, con problemiñas de saúde.
Nesta semana MÁIS ACTIVIDADE!
· Mercado Solidario no Centro Comercial Travesía de Vigo (19 decembro – 5 xaneiro)
· Torneo de fútbol no campo de xogo do Centro (luns 19, martes 20 e mércores 21).
· Mércores 21 pola mañán, Festa na Discoteca Zeppelin.
· O mércores 21 pola noite cea de Nadal dos usuarios, xunto cos profes e voluntarios no Restaurante Glasgow.
· Durante o Nadal Campaña navideña na Tenda Atalaia Rua Galicia, 23 – A Guarda (a tua tenda solidaria).





