Ambientazo na festa de Nadal 2011
O Programa da Festa de Nadal do pasado mércores 21 de decembro tivo un pouco de todo: música, deporte, doces, nostalxia … e moita, moita creatividade.
Iniciamos o dia maratoniano cunha Asamblea na que se informou do “programa de festas”, e na que fixo a sua aparición Papá Noel cun saco cheo de golosinas.
A continuación proxectouse un vídeo - felicitación navideña , no que os integrantes do grupo de formación do Servizo de adultos amosaron as suas dotes creativas, artísticas e interpretativas (Nesta mesma páxina hai un enlace a youtube co que se pode acceder a este vídeo).
Antes da sesión discoteca, celebrada un ano máis no Zeppelin (Graciñas Netzer, Bea …!), houbo unha exhibición de Boccia, deporte paralímpico.
O apretadísimo programa festivo, remataba pola mañán co GRAN PARTIDO de fútbol entre Profes e Alumnos, celebrado no terreo de xogo de céspede do Centro. O partido rematou cun claro resultado a favor dos alumnos: 3 goles a 1. Os alumnos amosaronse moito mellor físicamente, máis conxuntados … e sobre todo máis motivados, e a pesar da arbitraxe (dous penaltis en contra parados por Super Amparo, e unha tarxeta vermella a San Pablo de Pías…) o resultado poido ser máis abultado.
O remate do partido houbo unha comida navideña especial, para repoñer forzas, e a continuación unha Proxección de vídeos de Festas do Nadal dos anos 1992, 1993 …
Despois dun breve descanso pola tarde, as 9 da noite voltamos a Festa coa celebración da GRAN CEA de Nadal no Restaurante Glasgow. 86 persoas (usuarios, profes, voluntarios …) disfrutamos ata as 12 e media da noite dun ambientazo festivo, gastronómico, musical e discotequero. Graciñas os donos do Restaurante e a Roberto, encargado da parte musical, pola sua colaboración.
Xornada inesquecible, esta do dia 21 – D, cun sobresaínte para os profes e voluntarios encargados da organización de cada un dos eventos. Noraboa!





