Paseo pola ecovia Ponte de Lima - Ponte da Barca
II Rockteiro en bici
Ponte de Lima 28.01.12
O pasado sábado un grupiño de afeccionados á bicicleta da Xerome Crew desprazámonos ata Portugal para percorrer o "TroÇo dos AÇudes" da Ecovía que vai dende Ponte de Lima ata Ponte da Barca con un total de 30 kms -ida e volta- pola beira do río Lima.
Un fermosísimo percorrido cheo de carballeiras, onde facilmente pódense observar patos e garzas. A medio camiño tamén están os antiguos "muiños de auga da Gemieira".
Tivemos algún reventón, algunha molladura de pés, un teléfono móbil que practicou a "caída libre", e unha subida inesperada do cauce do río que nos obrigou a desviarnos pola finca privada de Doña Eulalia (muito obrigado!!). Pero pasámolo en grande, foi toda unha experiencia...
Despois duns refrescos, David Parada acabou con tódolos petiscos dunha pastelaría e voltamos pra casa.
Unha vez mais, bravo polos nosos deportistas.





