Mar
17
Charla sobre incapacitación e tutela da Fundación Tutelar Sálvora
CANDO INCAPACITAR?
O momento máis idóneo é a partir dos 18 anos, aínda que se poida facer a calquera idade.
TIPOS DE INCAPACITACIÓN
Pódese incapacitar totalmente para todos os ámbitos (administrativo, xudicial...) ou parcialmente (capacidade de obrar).
Neste caso a familia determina en que aspectos o quere facer (económicamente, dereito o voto...).
COMO SE INCAPACITA?
O trámite iníciase facendo unha demanda, esta consiste en cubrir unha solicitude onde se fai constar o nome do incapaz, a persoa que fai a demanda e datos persoáis dos descendentes que van a ser posibles tutores.
Acompañase da seguinte documentación:
- Fotocopia e orixinal do DNI do incapaz
- Fotocopia e orixinal do DNI do pai/nai que fai a demanda.
- Fotocopia e orixinal do certificado de discapacidade.
- Certificado literal de nacemento do incapaz.
- Informe médico de cabeceira do incapaz.
A continuación recíbese no domicilio unha citación no xuzgado da zona correspondente, onde estarán presentes todos os citados. O xuiz valora a persoa e a situación familiar xunto co fiscal.
Por último se recibe no domicilio unha copia da sentenza onde consta o tipo de incapacitación e os tutores.
ONDE FACER O TRÁMITE?
Pódese iniciar o trámite coa traballadora social do centro San Xerome, tamén directamente no xuzgado da zona ou ben a través da Fundación Tutelar Sálvora, este servicio é totalmente gratuíto e se pode pedir cita para calquera dúbida antes de iniciar todo o proceso.
Centro San Xerome 986 613719
Traballadora social Ana
Horario de 9:00 a 16:00
Traballadora social Ana
Horario de 9:00 a 16:00
Fundación Sálvora
C/ Marqués de Valladares 14 , 1º Of. 9, Vigo- 36201
Tlf. / Fax 986228074
C/ Marqués de Valladares 14 , 1º Of. 9, Vigo- 36201
Tlf. / Fax 986228074
Sempre que se inicie o trámite de incapacitación é moi importante que no testamento se faga constar quen queremos que sexa o tutor, e quen non queremos que sexa, (sempre expondo os motivos), e facer constar os bens que lle van quedar.





