Agradecementos da ANPA
AGRADECEMENTO DA ANPA
Dende a ANPA do San Xerome queremos dar as gracias a todas as persoas que fixeron posible a realización do Festival realizado no Teatro Municipal de Tui situado no edificio Area Panorámica o pasado sábado 19 de Novembro.
O Festival que comenzou ás 17:30 horas resultou perfecto en canto á coordinación do espectáculo e a bó desenrolo da xornada. Cunha afluencia de cerca de 250 persoas puidemos disfrutar duhas magníficas coreografías da Escola de Paula Cobián e, como actuación estelar, disfrutamos do noso excepcional grupo de teatro Xeratrium (coordinado pola compañía de teatro Xerpo).
A obra de teatro que os nosos rapaces interpretaron foi posta en escea xa o pasado curso, pero desta vez fixéronse uns retoques para que fose perfecta para esta ocasión. Os nove actores e actrices do Centro San Xerome mostráronse pouco nerviosos e moi profesionais na súa primeira posta en escea este curso 2011 – 2012. A obra chamada “Saturday night” durou 35 minutos onde se mostraron diferentes aspectos e preocupación da mocidade de hoxe en día. Cun toque de humor os chavales tentaron facernos reflexionar acerca da importancia que teñen as nosas accións.
Nomes dos actores e actrices de “Saturday Night”:
Sally
Marcio
Iván
Mayte S.
Mayte B.
Isaac
Víctor
Ramón
Ceci
Gracias, sodes estupéndos!






Comentarios
Suscripción de noticias RSS para comentarios desta entrada.