Memoria 2010
Imprimir
PDF
Feb
03

Acerca da ANPA Joaquina de Otero

AMPA Joaquina de Otero A ANPA do Colexio San Xerome Emiliani constitúese en A Guarda o 4 de Maio de 1.990 con domicilio na  Rua Galicia, nº 23 CP 36780 A Guarda (Pontevedra).

Os integrantes iniciais da Xunta Directiva , promotores da Asociación,  foron:

- D. José Manuel Prado Barral (presidente)

- Dª. Carolina Ordóñez Durán (vicepresidenta)

- D. José Ricardo Pravio Calvo (secretario)

- Dª. Ana Mª. Martínez González (vocal)

- Dª. Soledad Rodríguez Crespo (vocal e representante elexida entre o persoal docente do Centro)

- D. Xosé Carlos González Blanco (director do Centro)

 

Os fins iniciais da  ANPA son:

- Colaborar co Centro para conseguir de forma óptima os obxetivos propios deste orientados á terapia, rehabilitación e o fomento de actividades de ocio e tempo libre dos alumnos.

- Asistir ós pais e titores en todo aquilo que atañe á educación dos seus fillos.

- Promover a participación das familias dos usuarios do Centro na Xestión do mesmo.

- Colaborar nas actividades educativas do Centro.

- Asistir ós pais dos alumnos no exercicio de seu dereito a intervir no Control e Xestión do Centro.

- Facilitar a representación e participación dos pais de alumnos no Consello Escolar.

As actividades a traverso das cales se intentan conseguir estes obxetivos son:

- Actividades formativas.

- Actividades de ocio e tempo libre.

- Actividades de atención ás familias en todo o que supoña un beneficio para atención ós seus fillos.

- Actividades de sensibilización.

- Actividades de ocio, culturais,  formación … e todas aquelas que fomenten  a unidade entre as familias e favorezan a integración social das persoas con discapacidade.

Respeito dos membros que forman parte da ANPA “Joaquina Otero”, na actualidade hai  40   socios con capacidade de obrar, todos eles electores  e elexibles para os cargos representativos e con voz e voto na Asamblea Xeral.

Para ser membro de ANPA  soamente é necesario:

1º. Ser pai, nai ou titor dun usuario/a do Centro San Xerome

2º. Dar os seus datos persoais para cubri-la inscripción

3º. Abonar a cuota de socio anual de 12 €

 

ANPA  2010 -2011

A Xunta Directiva 2010-2011 está formada por:

- Elena Otero Martínez (presidenta)

- Juan José Rial Rodríguez (vicepresidente)

- Sonia Barros Rodríguez (secretaria)

- Ana Mª Martínez González (tesoureira)

- Ismael Senra Dorado (vocal)

- Mª. Del Carmen Alvarez Pereira (vocal)

- Mª Esther Acal Rodríguez (vocal)

- Milagros Estévez Freijeiro (vocal)

- Flori Fernández Ozores (vocal)

- Fabiola Coedo Iglesias (vocal  -  representante elexida entre o persoal docente do Centro)

- Xosé Carlos González Blanco (vocal - director do Centro)

ANPA 2011


Contacto:

Poden poñerse  en contacto coa ANPA a traverso desta dirección de correo electrónico:     Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Escrito por AMPA Joaquina de Otero.

Escribir un comentario


Código de seguridade
Refrescar