Xan
10
Historia
Datos cronolóxicos
Resumo destes 30 anos en forma de datas destacadas.
- 23 de novembro de 1977. Aprobación dos estatutos da Asociación polo Goberno Civil de Pontevedra, elaborados pola Comisión xestora.
- 15 de abril de 1978. Nomeamento de D. José Luis Montes Fernández, coma primeiro presidente da Asociación.
- 19 de maio de 1979. Partido de fútbol a beneficio do Centro (Seguros Adriática da Guarda - Kas de Vigo), xerme das futuras campañas do Colectivo de mariñeiros.
- 8 de maio de 1980. Reunión do Padroado da fundación Otero - Sobrino, no que se acorda a cesión por 30 anos do edificio e terreos da rúa José Antonio, 23 a Asociación S. Xerome.
- 1 de febreiro de 1981. Inicio das actividades no Centro, con 10 usuarios e 2 monitores.
- 22 de xuño de 1981. Nomeamento na asamblea xeral de socios de D. Raúl González Puebla coma novo presidente.
- 8 de febreiro de 1983. Créase o grupo de baile “arco da vella”, que actuará posteriormente en diferentes certames do estado español.
- Setembro de 1983. Iníciase como actividade pre - laboral o cultivo baixo abrigo.
- 7 de xuño de 1989. Primeiro convenio coa Consellería de educación para autorizar o funcionamento de 3 unidades concertadas con rapaces/as en idade escolar.
- 10 de setembro de 1989. Falecemento de Prudencio Martínez Pena, membro destacado da xunta directiva e mestre en solidariedade.
- 20 de novembro de 1989. Traslado dos 54 usuarios ó ximnasio municipal da Sangriña polas reformas no Centro.
- Marzo de 1990. Aparición do boletín informativo ADIANTE.
- 11 de xuño de 1990. Constitución da APA Joaquina Sobrino e Manuel Otero, sendo José Manuel Prado Barral o seu primeiro presidente.
- Outubro de 1990. Otaller ocupacional de xardinería realiza o seu primeiro traballo no exterior (Comunidade de veciños “Os Castaños”).
- Febreiro de 1991. Celebración do 10º aniversario do Centro (“Dez anos de loita pola supervivencia”). Acadamos a cifra de 1.000 socios colaboradores.
- 12 de maio de 1991. Manifestación diante de D. Manuel Fraga, pola paralización das obras de reforma do centro (“As obras seguen paradas. Non mais promesas”).
- Xuño de 1991. Primeira convivencia dos centros de Galicia no Cámping Santa Tecla de Salcidos, en colaboración con ANDE.
- 19 de outubro de 1991. Primeiro dos festivais de presentación do Centro nos concellos do Baixo Miño (Tomiño).
- 2 de decembro de 1991. O director do Centro é nomeado “Guardés do ano” pola Asociación de comerciantes da Guarda (ACIGU).
- 19 de marzo de 1992. Festival de agradecemento ó Baixo Miño, “8 horas de humor e música”, coa participación de Uxía, Luis Emilio Batallán, Muxicas ... no pabellón municipal da Guarda.
- Outubro de 1992. Voltamos as nosas instalación despois de 3 anos de espera. Melloras no servicio de transporte con tres furgonetas, un vehículo adaptado e a cesión dunha furgoneta por parte da Federación galega de asociacións (FADEMGA).
- Novembro de 1992. José Martínez Tato, novo presidente da APA.
- Marzo de 1993. Abre as súas portas a Tenda Atalaia.
- Marzo de 1993. Primeiras xornadas de Educación Sexual en persoas con minusvalía psíquica.
- 7 de maio de 1993. Inauguración oficial do Centro por parte de D. Manuel Fraga Iribarne, presidente da Xunta.
- 31 de maio de 1993. Constituido o Clube polideportivo San Xerome Emiliani. José Martínez Tato é o seu presidente.
- Xullo de 1993. sinatura dos convenios de colaboración coa Consellería de sanidade.
- Outubro de 1993. sinatura do convenio de xardinería co Concello do Rosal.
- Xaneiro de 1995. Sinatura do convenio de xardinería co Concello da Guarda e o Padroado Monte Santa Tecla.
- Outubro de 1995. Inicio do programa de respiro familiar “A Casiña”. Estrella Pérez González é nomeada nova presidenta da APA.
- Marzo de 1996. Inicio do Curso de formación en xardinería Proxecto Horizon - Doménico, da Comunidade europea.
- 16 de marzo de 1996. Organización do Campeonato galego de fútbol sala no Rosal, en colaboración coa Federación galega de deporte para minusválidos psíquicos.
- Marzo de 1997. Organización do Campeonato de España de campo a través para minusválidos psíquicos en colaboración coa FEGADEMPS e a Sociedade atlética do Trega.
- 8 de maio de 1997. Acta de cesión do Padroado da Fundación Otero - Sobrino, por outros 30 anos.
- Outubro de 1997. Creación da Asociación de axuda ó enfermo mental AVELAIÑA, da que somos promotores.
- Novembro de 1997. Inicio das obras dos novos talleres ocupacionais.
- Xaneiro de 1998. FADEMGA, di NON á continuidade da Casiña. Recíbense multitude de adhesións o noso proxecto.
- Abril de 1998. Creación do Centro especial de emprego de xardinería, no que se contratan indefinidamente 4 usuarios do taller ocupacional de xardinería. Inicio do curso europeo de formación en carpintería Proxecto Horizon - Atlas.
- 21 de agosto de 1998. IX festival de músicos xoves, no Rosal a beneficio do noso Centro.
- Setembro de 1998. Constitución do Clube de respiro e ocio TRANKIMAZÍN 500. Francisco Fernández Vázquez, é nomeado novo presidente da APA.
- Marzo de 2000. Sergio Vázquez Carballo, deportista do noso Clube, medalla de prata no Campeonato de Europa de atletismo celebrado en Suecia. O noso Clube aparece en terceiro lugar no “ránking” galego elaborado pola FEGADEMPS.
- Abril de 2000. Tralo período de formación en carpintería, son contratados pola asociación 4 alumnos do Curso polo período dun ano.
- 20 de xuño de 2000. Asinada a cesión da “Quinta das Mercedes” por parte do obispado ó noso Centro, por un período de 10 anos.
- Setembro 2000. Inauguración dos novos talleres ocupacionais despois de 3 anos de obras. Total atendidos no Centro: 94 (8 deles con contrato laboral), monitores - contratados: 20, monitores - voluntarios: 20.
- Decembro 2000. O Colectivo de Mariñeiros bate o récord de recadación.
- 2 de marzo de 2001. Asamblea xeral de socios na que é nomeada nova presidenta Asunción Dacuña Riveiro.
- Xuño 2001. Presentación do documental “Eu son así” coordinado por Débora Baz . Audiovisual no que se retratan as caracteristicas, personalidade, desexos e desilusións dun grupo de usuarios do Centro.
- Decembro 2001. Rafael Amor actúa no Cine Avenida de A Guarda, na campaña solidaria do Colectivo de mariñeiros.
- Xaneiro 2002. Gañadores no I Concurso de pilas usadas convocado pola Consellería de medio ambiente.
- Xullo 2002. Apertura do Rastro, como fonte de financiación.
- Decembro 2002. Dous usuarios do noso Centro viaxan a Grecia xunto con alumnos do IES A Sangriña dentro do programa de integración entre ambas entidades.
- Maio 2003. Vanesa Martínez e Jordi Gallego, campións Galegos de natación - Fegademps (Piscina municipal de A Cañiza).
- Maio 2003. Terceira participación nas Olimpiadas internacionais de equitación adaptada, nesta ocasión en Viana do Castelo.
- Xuño 2003. Activa participación na constitución da Fundación G-Prodis.
- Xuño 2003. Campións de España nos relevos 4X100, no Campionato de España de atletismo FEDDI.
- Novembro 2003. Vanesa Martínez, subcampeona de España de 50 m. libres no Campionato de España de natación FEDDI.
- Novembro 2003. Inicio da colaboración APPACDM (Portugal) – San Xerome.
- Decembro 2003. Debut do grupo Xerock, no Certame de villancicos de Caixanova (Vigo), coa canción “Un Nadal sen subvención”.
- Febreiro 2004. Javier Portela, campión absoluto no Campionato galego de campo a través – Fegademps.
- Marzo 2004. Cercipóvoa (Lisboa), un novo acercamento a Portugal.
- Maio 2004. Javier Portela, campión galego de 3000 m. no Campionato galego de atletismo – Fegademps.
- Maio 2004. O equipo feminino de atletismo da categoría adaptada, campión de España por equipos (FEDDI).
- Xuño 2004. Primeira actuación de Xerock fora de Galiza, no Teatro Diogo Bernardes de Ponte de Lima (Portugal).
- Outubro 2004 . Inaugurada a vivenda de ocio situada no edificio dos Talleres.
- Outubro 2004. Elena Otero, releva a Ana Besada na Presidencia da ANPA.
- Decembro 2004. Constituida legalmente a Fundación G-Prodis en Santiago, da que somos promotores e membros da Xunta directiva.
- Decembro 2004. Xa somos entidade de utilidade pública (Ministerio do Interior. Rexistro de saída 13799).
- Febreiro 2005. Javier Portela, campión galego absoluto de campo a través por segundo ano consecutivo.
- Marzo 2005. Terceiros por equipos na Categosría absoluta no Campionato de España de campo a través (Soria).
- Marzo 2005. Xerock graba o seu primer CD “Integracción”.
- Maio 2005. “Un dia de percusión” en Viana do Castelo xunto coas asociacións da APPACDM do Alto Minho.
- Maio 2005. O equipo de atletismo feminino de relevos 4 X 100, campión galego absoluto (Fegaddi – Vilagarcía).
- Maio 2005. Fabio Martínez Otero subcampión de España en lanzamento de peso (Feddi – Murcia).
- Xuño 2005. Vanesa Martínez Dacuña, novamente campiona galega d de natación en 100 m. libres e espaldas (Fegaddi – A Cañiza).
- Febreiro 2006. Celebramos o 25 aniversario do Cole.
- Xuño 2006. Homenaxe da ANPA os fundadores da Asociación no 25 aniversario do Cole (Cámping Santa Tecla).
- Agosto 2006. Festival conmemorativo do 25 aniversario “IntegrAcción. Música e solidariedade” no Estadio do Tecla, cos grupos Sex Museum, Area, Skarnio, Abrasivos..
- Agosto 2006. Participación no Campo de traballo de integración “Santa Trega” en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude.
- Novembro 2006. Campións Galegos de fútbol sala na máxima categoría masculina.
- Xaneiro 2007. O San Xerome en Europa, a través do Comenius 1, con Centros de Inglaterra, Francia e Finlandia; e co IES en Terni (Italia).
- Marzo 2007. I Mostra da Camelia.
- Abril 2007. Fabio Martínez subcampión de España de lanzamento de xabalina (Feddi – Almería).
- Maio 2007. I Poxa benéfica de arte.
- Agosto 2007. Inauguración da carpa do Mercado Solidario.
- Setembro 2007. A planificación centrada na persoa (PCP), nova metodoloxía de intervención terapéutica.
- Decembro 2007. Constituese “Xeratrium”, grupo de teatro alternativo, coa colaboración da Asociación Xerpo cultural.
- Xaneiro 2008. Ponse en funcionamento o “Grupo de irmáns”.
- Agosto 2008. Participamos na constitución do Grupo de desenrolo rural (GDR) nº 18 do AGADER.
- Novembro 2008. Presentación do documental “Cantos rodados” de Xoel Méndez no Auditorio de Galicia en Santiago.
- Decembro 2008. Presentación e premio do documental de Agustín Ferreira “Un día na Quinta das Mercedes”.
- Xaneiro 2009. Luis e Ana, contratados no Eroski.
- Febreiro 2009. Primeiros pasos do Programa de xestión GPIntegra, da Fundación GProdis.
- Xuño 2009. Primeiras prácticas en empresas ordinarias
- Xuño 2009. Proxecto sanitario Prevén (Revisión xinecolóxica de mozas con discapacidade).
- Outubro 2009. Actuación de Xerock en Toledo, nas xornadas de voluntariado de FEDACE.
- Decembro 2009. Comenza o proxecto de ocio “Móvete, relaxate e … respir@”, con importante participación dos voluntarios/as do Centro.
- Febreiro 2010. Ponencia dun grupo de usuarios do noso Centro no “I encontro de mobilidade” en Santiago.
- Marzo 2010. Xerock, premio “IntegrACTÚA” . Actuación na academia das artes e ciencias cinematográficas en Madrid.
- Maio 2010. Amparo Ferreira, Campiona galego de atletismo na proba de 3.000 m. (Fegaddi, Vilagarcía).
- Maio 2010. María García Orduna, campiona de España de atletismo na proba de lanzamento de disco (Feddi, Pontevedra).
- Xuño 2010. Estrea do documental “O sexo sentido” de Xoel Méndez e Débora Baz , en diferentes ONGs galegas.
- Xuño 2010. 8 deportistas do noso Club e un adestrador participan coa Selección galega no Campionato de España por autonomías Feddi, Cádiz).
- Xullo 2010. Curso afectividade – sexualidade mozos e mozas de Galiza e Portugal.
- Xullo 2010. A empresa de xardinería gaña o concurso público para o mantemento dos xardíns do Concello de A Guarda.
- Xullo 2010. La Caixa subvenciona o piso con apoio “Próxima estación … vivimos sós”.
- Novembro 2010. O Injuve subvenciona a actividade “Democracia participativa” en coordinación San Xerome – Avelaiña – Cercipóvoa (Lisboa).
- Xaneiro 2011. Primeiras reunións do Plan estratéxico e de calidade do novo San Xerome.
- Xaneiro 2011. Luis e Borja acadan bós resultados na XIII Meia Maratona Manuela Machado de Viana do Castelo.
- Xaneiro 2011. A remodelada páxina web, xa está en funcionamento.
- Febreiro 2011. Celebración do 30 aniversario da inauguración do Centro. Plantación de 30 árbores no Monte Trega.





