ANPA JOAQUINA OTERO

Ano 1977, dende A Guarda para o mundo, 7 familias poñen unha bandeira na casa De Manuel Otero e Joaquina Sobrino coa intención de facer visible unha realidade ineludible:

"ás nosas/os nenas/os non os entende ninguén, non teñen sitio en ningures"

A ANPA "Joaquina Sobrino" nace en 1990 co propósito de apoiar á Asociación S. Xerome Emiliani na procura de solucións a esta realidade e así empezan, traballando man con man coas profesoras e técnicas capitaneadas polo "profe Carlos".

Sería o tesón, a determinación, a rabia, o enfado, o sentir as súas fillas/os excluídas/os, a desesperación por non entender, a necesidade de axuda para educar, a dor de velas afastadas/os, a culpa, o ver todo o futuro desmontado, o amor polas súas fillas/os, o ir descubrindoas/os e verse sorprendidas/os cada día polo que traen de marabilloso, ao ver o mundo a través dos seus ollos, a verse avocados a construír unha nova vida...con elas/es...

Foi todo isto o que lles uniu e mantivo mais de 30 anos firmes na calma e na tempestade, traballando polo noso futuro, transformando a cultura da nosa comarca, sen descanso, xerando oportunidades para que as súas fillas/os tivesen os apoios necesarios para crecer e SER o que son: a esencia da vida.